mércores, 10 de maio de 2017

Xurado dos certames das Letras Galegas 2017


Con data do 09.05.2017 ditouse a seguinte Resolución da Alcaldía:

"Logo de ver a Resolución da Alcaldía núm. 338/2017 do 19.04.2017 pola que se aproba a convocatoria para a concesión de premios do XXVII Certame de Debuxo, XXVII Certame de Relato Curto e XX Certame de Poesía, organizados co gallo das Letras Galegas 2017.

Logo de ver que o apartado 6 da dita convocatoria dispón que "o xurado estará formado por tres membros do ámbito cultural e educativo e por un secretario ou secretaria, con voz e sen voto, en representación do Concello de Miño. A súa composición farase pública con antelación á emisión do ditame e será fixada pola Concellería de Cultura".

Logo de ver a proposta de xurado asinada pola concelleira de Cultura con data  08.05.2017.

Visto canto antecede esta  Alcaldía, en uso das atribucións que lle confire o ordenamento xurídico, RESOLVE:

Primeiro.- Designar como integrantes do xurado as persoas que se relacionan deseguido e fixar a data da reunión como se indica en cada certame:

XXVII Certames de Debuxo
a) Reunión do xurado: reunirase o mércores, 10 de maio de 2017 ás 12.00 horas. A presente data e hora poderán ser modificadas sen aviso previo.
b) Integrantes do xurado:
Presidencia:  Mª Carmen Sánchez Castro
Suplente do presidente: Eva Mª Fernández Torres
Secretaria: Sonia Alonso Figueroa.
Suplente da secretaria: Cristina Rodríguez Mosquera
1º vogal: Pilar Rodríguez Casal
Suplente de 1º Vogal: Ignacio Edreira Moreira
2º vogal:  Mónica González Robla
Suplente do 2º Vogal: María Carmen Dopico

XXVII Certames de Relato Curto
a) Reunión do xurado: reunirase o mércores, 10 de maio 2017 ás 11.00 horas. A presente data e hora poderán ser modificadas sen aviso previo.
b) Integrantes do xurado:
Presidencia: Begoña Martín Acero
Suplente do presidente: Mª Carmen Sánchez Castro
Secretaria: Sonia Alonso Figueroa
Suplente da secretaria: Cristina Rodríguez Mosquera
11ª vogal: Daniela García Sánchez
Suplente de 1º Vogal: Ignacio Edreira Moreira
2º vogal: Leticia López Pérez
Suplente do 2º Vogal: María Carmen Dopico
 
XX Certame de Poesía
a) Reunión do xurado: reunirase o mércores, 11 de maio de 2017 ás 13:00 horas. A presente data e hora poderán ser modificadas sen aviso previo.
b) Integrantes do xurado:
Presidente: José Casanova  Santamariña
Suplente da presidente: Mª Carmen Sánchez Castro
Secretaria: Sonia Alonso Figueroa
Suplente da secretaria: Cristina Rodríguez Mosquera
1ª vogal: Daniela García Sánchez
Suplente de 1º Vogal: Ignacio Edreira Moreira
2º vogal: Leticia López Pérez
Suplente do 2º Vogal: María Carmen Dopico

2º.­ Que se proceda á súa publicación no taboleiro de edictos.

3º.­ Dar conta da presente resolución ao Servizo de Normalización Lingüística, así como ao Pleno na próxima sesión ordinaria que se celebre."

O alcalde
Ricardo Sánchez Oroza

Ningún comentario:

Publicar un comentario