venres, 17 de febreiro de 2017

 
O pasado mércores, 15 de febreiro, a Real Academia Galega presentou Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos. Con este obxectivo, a edición impresa complétase coa dixital, que xa está dispoñible en http://academia.gal/publicacions-totais e na intranet do persoal da administración de xustiza en Galicia.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario