luns, 13 de febreiro de 2017

A Deputación da Coruña convoca a VIII Edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua 2017

rosalia de castro gr.png

Coincidindo co mes de Rosalía e a celebración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, a Deputación da Coruña quere renderlle unha pequena homenaxe á escritora de Padrón e é por iso que convoca unha nova edición deste premio.
Hai dúas categorías:
- Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade pu asociación que máis destaque na promoción da lingua galega, dotado coa cantidade de 3.000 € estando incluídos nesta cantidade os impostos que lle foren aplicables.
- Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade, dotado con 3.000 € estando incluídos nesta cantidade os impostos que lle foren aplicables.
O prazo para presentar as candidaturas remata o 30 de xuño.
As bases completas pódense consultar no BOP do 9 de febreiro de 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario